viernes, 8 de agosto de 2014

VIGO ANTIFASCISTA!


Dende o Colectivo Antirrepresivo Estudantil de Vigo anunciamos que por fin temos nas nosas mans as camisetas de Vigo Antifascista e esperamos que vos gusten tanto como a nós!
O prezo é de 8€ e os beneficios que se lle extraen van íntegramente destinados a axudar aos estudantes encausados da folga do 20-N que precisen máis axuda. Principalmente para o noso compañeiro Adriel que está á espera dun xuízo penal e ten que correr con moitos gastos. 
Nuns días as camisolas estarán á venta nos centros sociais A Revolta do Berbés (Rúa Real, 12) e no Bou Eva (Terzo de Fóra, 11). Para máis información contactádenos por privado.
Ademais temos unha SORPRESA! Xa que REGALAREMOS UNHA CAMISETA por Facebook a aquela persoa que comparta esta publicación e teña máis gústames dende este momento ata o 15 de agosto ás 12:00. Acto seguido anunciaremos a gañadora/or e poñerémonos en contacto con el/a para por á súa disposición o premio.
Agradecémosvos moito a vosa solidariedade mercando a camisola ou difundindo esta información por redes sociais ou polo boca a boca. 
VIGO ANTIFASCISTA!