Colectivo

Ante a crecente represión por parte das forzas e corpos de seguridade do Estado, nace o Colectivo Antirrepresivo Estudantil de Vigo co obxectivo de crear unha estrutura permanente de solidariedade e coordinación.

A labor do noso colectivo centrarase na solidariedade coas detidxs e represaliadxs en folgas, manifestacións, concentracións, etc. do movemento estudantil vigués. Por iso poderá participar calquera persoa, pertencente ou non a algunha organización estudantil.

Contra a represión, a solidariedade é a nosa mellor arma, por iso animamos a todo o estudantado vigués a participar dos actos e campañas que lanzaremos nos vindeiros meses.



VIGO RESISTE!


No hay comentarios:

Publicar un comentario