sábado, 10 de mayo de 2014

Camisetas do Colectivo Antirrepresivo Estudantil de Vigo


O vindeiro 17 de maio agardamos sacar á venda, coincidindo coa celebración do evento solidario ¡En Galego!, a nosa primeira camiseta. 

Velaí o deseño:

O prezo será de 6€.

A partir desa data poderán mercarse contactando co Colectivo a través de: colantestvigo@gmail.com

Vigo antifascista!

viernes, 9 de mayo de 2014

O Colectivo Antirrepresivo Estudantil de Vigo celebra o Día das Letras Galegas!


O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, animádevos a acudir ao C.S.O.A A Quinta da Carmiña (Rúa do Carme nº1- ao carón do Santo Tomé)! Haberá rap e poesía en galego da man de Saúl Zaitsev e Katán, Oliver Botana, Carlos Le Roux, André Solinho e Klitoris. Tamén contaremos cos DJ's Lucas Selektah e Mario Sound.

O evento, organizado polo Colectivo Antirrepresivo Estudantil de Vigo en solidariedade co estudantado represaliado, comezará ás 21.30, a entrada é de balde e haberá prezos populares nas consumicións (a Estrella Galicia a 1€).

Estarán tamén a disposición de todas: camisetas, cd's, pegatinas, etc.

Non faltedes!


jueves, 1 de mayo de 2014

CONCERTO SOLIDARIO "LA COMISIÓN DE LA ESTACA" + ARTISTAS INVITADOS


Este sábado 3 de marzo tedes unha cita na Cova do Trasgo! Celebrarase un concerto solidario co movemento estudantil independente no que actuarán Oliver Botana, Pipe Díaz e Saúl Zaitsev, xunto con outros artistas invitados (Sánchez Ceive, Katán, SiNe, etc).


Dende o Colectivo Antirrepresivo Estudantil de Vigo animámosvos a asistir! Na Cova do Trasgo ás 22:45 por só 3 € (con consumición incluída).


Oliver Botana- Sin alternativas : https://www.youtube.com/watch?v=JouzjgH_Jwg 

Pipe Díaz- Amor a mi clase: https://www.youtube.com/watch?v=z7axXkSWXdY

Saúl Zaitsev- Boikot a la SEcta: https://www.youtube.com/watch?v=temPijk3y84