martes, 8 de abril de 2014

STOP REPRESIÓN!


      Nas últimas semanas vénse mostrando un brutal aumento de represión por parte do estado fascista español nun intento de frear a mocidade consecuente. Represión dun calibre coma non se vía dende os anos máis escuros do franquismo.

    O último acto que vén a demostralo son as 6 detencións sufridas por estudantes da cidade de Santiago de Compostela o pasado luns día 7 de abril. Con total impunidade, a policía adentrouse nos lugares que habitualmente frecuentan e procedeu a detelos ante a acusación de ser protagonistas da loita dos mariñeiros na cidade capital de Galiza. Unha estúpida xustificación coa que dar un paso máis nese intento por transmitirlle medo á mocidade.

    Xunto ás arbitrarias detencións realizadas en Madrid relacionadas coas marchasdo 22 de marzo e os preto de 60 estudantes arrestados nas inmediacións da Universidade Complutense, hai que engadir a decena de xoves que viron coartada a súa liberdade en Euskal Herria, entre a protesta contra a visita do FMI á cidade de Bilbao e a folga de estudantes na nación euskaldun, para conformar un total de máis de cen detencions nas últimas dúas semanas.

    E non lles chega con deter, dúas desas máis de cen persoas están secuestradas,  dentro da cadea, sen probas da súa culpabilidade: Miguel, xusto dende o 22 de marzo, e Ismael, dende o 4 de abril.

    O estado fascista español é consciente do aumento de conciencia na xuventude, de como os mozos son cada vez máis conscientes de que un ou outro partido do réxime non vai cambiar a súa situación futura, e por iso volta a reprimir con máis forza que nunca no intento de silencialos, pero non o van lograr.

     Fronte á súa represión, organización e solidariedade!


     Por último, animámosvos a todxs a acudir ás convocatorias solidarias nos distintos puntos de Galiza!

      -Ourense mércores 9, 20.00h Subdelegación

      -Vigo mércores 9, ás 20.00h na Farola de Urzáiz

      -Compostela xoves 10, ás 19.00h na Praza do Toural

      -A Coruña, xoves 10, ás 20:00 no Obelisco

No hay comentarios:

Publicar un comentario