viernes, 9 de mayo de 2014

O Colectivo Antirrepresivo Estudantil de Vigo celebra o Día das Letras Galegas!


O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, animádevos a acudir ao C.S.O.A A Quinta da Carmiña (Rúa do Carme nº1- ao carón do Santo Tomé)! Haberá rap e poesía en galego da man de Saúl Zaitsev e Katán, Oliver Botana, Carlos Le Roux, André Solinho e Klitoris. Tamén contaremos cos DJ's Lucas Selektah e Mario Sound.

O evento, organizado polo Colectivo Antirrepresivo Estudantil de Vigo en solidariedade co estudantado represaliado, comezará ás 21.30, a entrada é de balde e haberá prezos populares nas consumicións (a Estrella Galicia a 1€).

Estarán tamén a disposición de todas: camisetas, cd's, pegatinas, etc.

Non faltedes!


No hay comentarios:

Publicar un comentario